martes, 31 de enero de 2017

CRONICA

O domingo 22 fixemos a ruta dos muíños por Abadín.

Foi unha ruta moi bonita, aínda que tamén foi a mais fría de tódalas que fixen desde que eu estou no grupo.

Comezamos con unha temperatura de -4 graos e todo cuberto con unha gran xeada.

O percorrido é moi bonito e transcorre no interior dunha fraga onde se atopan os cinco muíños construídos o longo do río.

Hai sitios onde o camiño vai paralelo ó canal, pero en outros tiñamos que atravesalo por pasarelas de madeira que en verdade non eran moi seguras.

A maior parte do camiño fixémolo por enriba das follas conxeladas dos castiñeiros e a sensación era moi pracenteira, pois coa xeada eran como un colchón que nos protexía das pedras e incluso da xeada que había a ambos lados do camiño.

Despois dun descasiño no punto máis alto para comer o noso pícnic comezamos a baixada pola estrada ata Abadín, onde nos estaba esperando unha suculenta comida no restaurante Goas que nos soubo a gloria bendita despois do frío que pasamos.



Ata a próxima …. de peregrinación a San Andrés de Teixido dende Cedeira

Rosa Oroza



Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario