tag:blogger.com,1999:blog-41504476014899013892024-03-08T09:51:57.422-08:00PR-G 152 Ruta dos Muiños (Abadin)Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-4150447601489901389.post-90361696136793182382017-01-31T21:50:00.001-08:002017-01-31T21:50:26.452-08:00CRONICAO domingo 22 fixemos a ruta dos muíños por Abadín.

Foi unha ruta moi bonita, aínda que tamén foi a mais fría de tódalas que fixen desde que eu estou no grupo.

Comezamos con unha temperatura de -4 graos e todo cuberto con unha gran xeada.

O percorrido é moi bonito e transcorre no interior dunha fraga onde se atopan os cinco muíños construídos o longo do río.

Hai sitios onde o camiño vai paralelo ó canal, pero en outros tiñamos que atravesalo por pasarelas de madeira que en verdade non eran moi seguras.

A maior parte do camiño fixémolo por enriba das follas conxeladas dos castiñeiros e a sensación era moi pracenteira, pois coa xeada eran como un colchón que nos protexía das pedras e incluso da xeada que había a ambos lados do camiño.

Despois dun descasiño no punto máis alto para comer o noso pícnic comezamos a baixada pola estrada ata Abadín, onde nos estaba esperando unha suculenta comida no restaurante Goas que nos soubo a gloria bendita despois do frío que pasamos.

Ata a próxima …. de peregrinación a San Andrés de Teixido dende Cedeira

Rosa Oroza

Powered by Wikiloc
Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.com0